martes, 5 de mayo de 2020

CONTRA O COVID_19

Onte, luns04-05, na materia de Programación de 1º da ESO, propúxenlle ao alumnado a realización dun xogo coa temática do coronavirus.
A condición era que tiña que ter a lo menos 2 escenarios diferentes,  3 obxectos e 2 variables (contadores), no que debían aplicar o aprendido ata o momento.
Hoxe martes, cal foi a miña sorpresa ao atopar este xogo deseñado por Sara Bordello.
GRAN TRABALLO SARA!!

lunes, 30 de septiembre de 2019

Programando con lapis e papel

  • Entender o concepto de programación.
  • Entender a dificultade de traducir un problema real, nun programa.
  • Comprender que ideas moi claras para eles,  poden ser mal interpretadas por unha computadora.
  • Entender que se necesitan estruturas formales de programación, como poden ser as repeticións e as funcións.